Wednesday 24 de April de 2024

TOURO ACOLLE O DOMINGO DÍA 5 A SÚA FEIRA DE REIS E O FESTIVAL DE REIS, QUE CONTARÁ COA PRESENZA DAS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE


 

O próximo domingo, día 5 de xaneiro, como todos os días 5 de cada mes, celébrase en Touro a feira popular e tamén o Festival de Reis. As rúas de Fonte Díaz acollerán pola mañán a feira de Reis, que homenaxea tamén a chegada das Súas Maxestades de Oriente, que está prevista para primera hora da tarde.

O Concello de Touro vivirá o próximo domingo, 5 de xaneiro, o seu Festival de Reis, coa Cabalgata visitando durante a mañán as parroquias do municipio. O Festival de Reis terá lugar pola tarde no Pavillón Polideportivo Municipal, onde está instalado o Belén Vivinte. No Belén Vivinte, que ocupa case toda a pista de deportes do pavillón, participarán os máis pequenos que asumirán os papeis propios do Belén. O Concello de Touro convida aos seus veciños a participar e informa que ás 15.00 horas os autobuses farán o percorrido da Feira e recollerán ás persoas que queiran asistir ao Belén Viviente e á chegada dos Reis Magos. Non haberá servicio de buses de regreso despois do Festival.

Está previsto que o domingo, día 5 de xaneiro, a partir das 16.30 horas as súas Maxestades de Oriente saian da ‘Residencia Os Tercios’ acompañados pola Banda de Musica Isabel II de Touro e a súa Banda Xuvenil, que tamén interpretarán varios temas durante o Festival de Reis. Os Reis Magos chegarán ao Belén Viviente arredor das 17.00 horas. Alí farán a ofrenda ao Neno Xesús, papel que asumirá un pequeniño de poucos meses do Concello de Touro. Sobre ás 17.30 horas comenzarán as actuacións musicais. O Festival de Reis rematará coa entrega de agasallos por parte das súas Maxestades de Oriente. Haberá chocolatada e churros. E xa entrada a noite os nenos e nenas marcharán para a súas casas para esperar a que esa noite os Reis de Oriente deixen moitos regalos e bos augurios para todos. O Concello de Touro aproveita para felicitar o ano 2020 a todos os veciños e veciñas